OurenseÚltima hora

O programa cultural de Barbadás continúa coa actuación de “Psícore”

A actividade será o vindeiro xoves, 30 de xullo, ás 21h, no Parque dos Patos da Valenzá

O Concello de Barbadás continúa a axenda do seu programa cultural “E no verán? Refréscate coa Cultura”. O próximo xoves, 22 de xullo, será a quenda do grupo “Psícore”, que presentará a obra “Concerto Con Fusión” ás 21:00h no Parque dos Patos da Valenzá. O espectáculo mestura teatro, humor, comedia xestual, clown, música e participación do público nunha obra recomendada para toda a familia e que terá unha duración aproximada de 55 minutos.

“Concerto Con Fusión” trata sobre catro músicos descoñecidos que chegan ao palco cos seus instrumentos. O descubrimento dunha marimba fai que, o que podería ser un desastre, se convirta nun divertido exercicio de virtuosismo que incorpora estilos musicais tan variados como o reggae, o pop, o rock & roll, a música latina ou o disco.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button