SanidadeÚltima hora

O proxecto “A Pulmón” chegará á Serra da Enciña da Lastra e a Pena Trevinca

Esta iniciativa benéfica, na que participan a Asociación Española de Afectados de Cancro de Pulmón (AEACaP) e The Ricky Rubio Foundation, comenzaba en maio na Comunidade Valenciana coa ascensión ao Penyagolosa

Foto cedida.

 

Fomentar o deporte de montaña entre as persoas afectadas de cancro de pulmón co fin de dar visibilidade á enfermidade e aumentar a concienciación social. Este é o obxectivo do proxecto “A Pulmón”, unha iniciativa na que participan a Asociación Española de Afectados de Cancro de Pulmón (AEACaP) e The Ricky Rubio Foundation, que prosegue a súa andaina no mes de xuño en Galicia.

Así, entre os días 9 e 11 de xuño, un grupo de pacientes e especialistas médicos en oncoloxía visitarán o Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Rubiá), onde se ascenderán tres novas cumes: na xornada inicial prevese a coroación das Médulas; na segunda, o obxectivo marcado é a Pena Trevinca e, finalmente, o terceiro día ascenderase ao Lago de Baña.

Deste xeito, afectados-deportistas, xunto a oncólogos e oncólogas do Hospital Universitario da Coruña e un equipo técnico, tentarán ascender ao cume máis alto de Galicia. Para a doutora Charo García Campelo, xefa do Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Universitario A Coruña e coordinadora da Unidade de Tumores Torácicos, “trátase dun proxecto moi interesante que permite falar máis de saúde e menos de enfermidade”.

 

Cedida.

 

Da mesma maneira, Alberto Urtasun, coordinador do proxecto A Pulmón, anuncia que, tras “a gran acollida e o éxito da primeira concentración” na Comunitat Valenciana, “imos a Galicia coa ilusión de proseguir a liña de traballo marcada que nos vai a levar os próximos dous anos por toda a península”.

Pola súa banda Bernard Gaspar, presidente de AEACaP, lembra que a meta “principal” do proxecto, “ademais de fomentar a práctica de exercicio en grupo e ao aire libre para mellorar o benestar emocional e a calidade de vida das persoas afectadas, é contribuír a situar o cancro de pulmón no lugar que merece e ser capaces de ofrecer unha visión distinta da enfermidade”.

Artigos relacionados

Back to top button