OurenseÚltima hora

O proxecto LIFE Rexenera-Limia modelo de xestión para outras administracións

A CHMS mostrou os resultados a 14 representantes do MITECO, da CH Ebro e dos gobernos de Aragón e da Rioxa, nunha visita realizada esta semana a Ourense

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, recibiu a visita en Ourense de persoal do MITECO, da Confederación do Ebro e dos Gobernos de Aragón e A Rioxa, dentro do marco de cooperación e intercambio de experiencias dos proxectos LIFE. O encontro tiña como obxectivo o mostrar os resultados obtidos a través do Rexenera Limia, executado pola CHMS entre os anos 2015 e 2019.

Liderado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) contou como socios beneficiarios, coa Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, o Inorde e as empresa Eco-Lagoas e Coren, así como Gas Natural como colaborador financeiro. Durante 5 anos traballouse no ensaio e implementación de actuacións piloto que proporcionen a agricultores e gandeiros as ferramentas adecuadas que lles permitan ter unha actividade produtiva e ambientalmente sostible. “O uso de boas prácticas en agricultura e gandería é a clave para manter unha actividade produtiva ambientalmente sostible” explicaron aos asistentes.

Tamén se provecharon as funcións de autodepuración dos ecosistemas fluviais e humidais locais, mediante a rehabilitación de tramos fluviais e conexión de lagoas artificiais desconectadas coa rede fluvial. LIFE Rexenera Limia permitiu recuperar tramos fluviais aumentando o poder de depuración natural na comarca e tamén conseguiu que antigas areneras funcionen como depuradoras naturais

Como resumo das 2 xornadas de visita e despois de acudir á zona para comprobar in situ os proxectos, concluíuse que os resultados obtidos son moi positivos ao cumprir cos obxectivos do proxecto, con respecto á capacidade de redución de contaminación nos ecosistemas fluviais, e que poderían extrapolarse e imitarse noutras zonas con problemáticas similares.

“Non debemos de esquecer as características concretas da Limia, un dos territorios galegos de maior produción agrícola con cultivos de pataca, millo e cereal e con gran desenvolvemento do sector gandeiro, na última década, con importante peso na economía rexional, pola instalación e desenvolvemento de numerosas granxas de cría intensiva de gando vacún, porcino e aves; o que xerou unha importante problemática ambiental, gran preocupación social e institucional e necesidade de frear a degradación do recurso auga”, explicaron os técnicos responsables do proxecto.

“O inicio do proceso de recuperación, por tanto, han de marcalo os agricultores e gandeiros coa súa implicación e colaboración; e desde as administracións habemos de fomentar o uso estas boas prácticas utilizadas no proxecto Life Rexenera Limia, porque se comprobou que lanzan resultados positivos o que supoñerá un desenvolvemento máis sostible destas actividades. Por outra banda, entre todos, habemos de velar polo seu cumprimento da normativa para garantir a necesaria riqueza ambiental que nos ofrece a comarca da Limia” matizaron os técnicos da CHMS.

Por último, os técnicos do organismo de conca agradeceron a visita dos compañeiros do MITECO e da CH do Ebro, así como, dos representantes dos gobernos de Aragón e da Rioxa, socios no proxecto LIFE EBRO RESILENCE, e ofrecéronlles calquera axuda ou colaboración necesaria nas accións que poidan expor no proxecto, ademais, convidáronlles a gozar da riqueza natural, gastronómica e patrimonial da cidade de As Burgas.

Artigos relacionados

Back to top button