PolíticaÚltima hora

O PSdeG-PSOE de Ourense reúne ao comité electoral provincial

Asegura que se “presenta un proxecto político de futuro para Galicia e Ourense, coa clara intención de gobernar e rematar con case 15 anos de discriminación do PP”

 

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de reunir ao comité electoral provincial para a campaña das eleccións autonómicas do 18 de febreiro. As persoas que integran este órgano mantiveron un encontro de traballo no día de hoxe para comezar a trazar as ideas, estratexias, iniciativas e os eventos que se realizarán dende estas datas e ata o fin da campaña electoral.

Dende a executiva provincial do partido salientan que tras a confirmación da candidatura socialista pola provincia de Ourense “chegou o momento de unir esforzos e traballar co obxectivo de mudar o goberno autonómico a partir do 18 de febreiro”. Os socialistas afirman que o PSdeG-PSOE “presenta un proxecto político de futuro para Galicia e Ourense, coa clara intención de gobernar e rematar con case 15 anos de discriminación cara a nosa provincia”.

Ademais esta formación política márcane como principal meta “mellorar os resultados obtidos nas autonómicas de 2020, captando todos os apoios e votos posibles ao longo de toda a provincia para poder encabezar un goberno progresista que mude o panorama político actual de Galicia e de Ourense”. Dende o PSOE ourensán apuntan a que o traballo “pasa por achegar o noso proxecto e as nosas ideas a cada recuncho da provincia” e que “chegou o momento de rematar con anos de abandono, desleixo e inacción do Partido Popular e dicirlle alto e claro á veciñanza da provincia que o PSdeG é a única forza capaz de liderar o cambio en tódalas comarcas de Ourense”.

Así mesmo fan un chamamento a toda a militancia do PSOE ourensán a que “traballen activamente e trasladen o seu entorno, que a verdadeira opción de cambio chega da man do PSdeG e do seu candidato, José Ramón Gómez Besteiro”.

Artigos relacionados

Back to top button