DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rallye de Ourense dá a saída da primeira etapa no Xardín do Posío

Nesta primeira xornada percorrerán os tramos da Peroxa e de Toén-Caldas

O Xardín do Posío, na capital, tremeu co barullo dos motorres do Rallye de Ourense. Cara ás 18:00 horas, os coches puñan en marcha os seus motores para dar comezo a esta primeira xornada da grande cilindrada na provincia. Máis dun cento de pilotos agrupáronse neste punto da cidade das Burgas, cos cinco sentidos a punto e a concentración posta nos tramos que lles quedaban por diante: A Peroxa e Toén-Castrelo. O tramo da Peroxa conta cun total de case 30 quilómetros de percorrido, mentres que o de Toén-Castrelo con 15. Está previsto que esta primeira etapa remate cara ás 00:40 horas.

Tramo da Peroxa.

Pero non só eran os coches os que facían ruxir o ambiente soleado no Posío. Os amantes do motor e algúns curiosos, agolpáronse todos neste parque para gozar dunha xornada chea de emocións e adrenalina. Todos os pilotos, antes de saíres, coincidían en que a climatoloxía non era extrema, “pero que a calor vaise facer sentir”. Así é todo, cos ánimos do público, pisaban o acelerador con toda e puñan rumbo aos tramos para dar o mellor de si nesta proba xa clave no calendario da alta cilindrada española.

Tramo de Toén.

Asemade, tanto pilotos como copilotos facían recomendacións aos afeccionados para que non puxesen en risco a súa seguridade nos tramos, xa que “estamos aquí para pasalo ben”, aseguraban. Emoción, adrenalina e cheiro a gasolina e caucho queimado, así se vivíu esta primeira xornada do Rallye de Ourense 2017, ao que lle quedan por diante moitas horas de competición ata mañá, 10 de xuño.

Para coñecer os resultados das probas: http://online1.atodomotor.com/online/2017/ourense/1/1/rally-1.html?

Texto e fotos da galería: Carlos Asensio.

 

Artigos relacionados

Back to top button