EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

O ritmo da batucada Latexo Percusión toma O Barco

 

Dende a praza Maior do Barco iniciaba a batucada Latexo Percusión ás sete da tarde deste venres o seu percorrido musical pola vila do Barco. Co seu ritmo está a animar o espazo comercial na derradeira xornada do I Barcoutlet, unha campaña promovida polo Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco na que participan máis dunha vintena de establecementos.

Esta formación, que vai escoltada pola Policía Local do Barco para garantir a seguridade, percorrerá as diferentes rúas comerciais da vila o longo desta tarde.

Os establecementos participantes no Barcoulet, que se iniciaba o 23 de agosto, son os seguintes: Ana de la Puente, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Can-Can, Comercial Vedo, D’Chus, Eneska, Estética Pamen, Ferretería Moncho, Garoba, L’araña, Librería Murciego, Librería Praxis, Marylebone, Miranda X, Nº 37, O Bambán dos Sorrisos, Palpie, Pizpireta, Ton y Son e Zapatería Moral.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button