Rozando as nove da noite deste venres 11 de setembro, o son contaxioso de Festicultores Troupe enchía O Barco. Este grupo galego realizaba un percorrido musical levando as súas cancións e ritmo contaxioso a cada recuncho da vila. A partires das 22:30h. volverá soar a súa música, pero xa nun concerto con aforo limitado na praza José Otero.
Esta actuación forma parte do programa cultural alternativo “O Cristo 2020” no Barco. Será de entrada libre e aforo limitado.
Fotos: Carlos G. Hervella.