Os toques dos fulións das diferentes aldeas do municipio de Vilariño de Conso enchían a vila na mañá do Sábado do Entroido, 18 de febreiro. Numerosas persoas se congregaban nesta localidade para asistir a un desfile que reunía a partir das 12h. a unha ducia de fulións, boa parte deles deste concello.
O desfile abríase cos Boteiros que abrían paso ao fulión de Vilariño, co seu toque de bombos, sachos e gañadas, que saía dende a parte alta da vila. Tras el participaban, nun longo desfile que concluía xunto ao CEIP de Vilariño, os fulións de Pradoalbar, o do Val (cunha carroza adicada ao afiador), o de Conso, Veiguiña e San Cristovo, o de Mormentelos (precedido pola súa Comparsa feminina e pola danza singular dos seus Boteiros), así como o de Chaguazoso.
Ademais en Vilariño podían verse os folións de Carracedo da Serra (A Gudiña), Bembibre e As Carrelas (Viana do Bolo), Buxán (O Bolo), e xa pechando o desfile, Fulión de Manzaneda.
Fotos: A.R.
Máis información:
https://osil.info/vilarino-de-conso-celebra-a-xxxiv-festa-do-cabrito/