En portadaÚltima hora

O rues Xosé Manuel Merelles toma posesión como director da Axencia de Turismo de Galicia

É a segunda vez que asume este posto, tras o seu nomeamento en xullo do 2023

 

Xosé Manuel Merelles Remy tomaba posesión esta mañá como director da Axencia de Turismo de Galicia, nun acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e no que tamén tomaban posesión dos seus cargos outros representantes do gobero galego, entre eles o novo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo. É a segunda vez que este valdeorrés asume este cargo, que xa ocupara entre xullo do 2023 e xaneiro deste ano 2024. O seu nomeamento aparecía publicado o 24 de abril no Diario Oficial de Galicia.

Nado na Rúa (Ourense), Merelles Remy é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en varios medios de comunicación ata chegar á Xunta de Galicia no ano 1991, onde foi redactor no gabinete de comunicación da Presidencia, así como xefe de prensa na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e en Sogama. Despois, ao longo de case 25 anos ocupaba a Xefatura da Área de Comunicación da Axencia de Turismo de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button