PolíticaÚltima hora

O rural, os servizos socioeducativos e o desenvolvemento económico, entre os eixos centrais do programa do PP en Carballeda

A candidatura popular volve estar encabezada pola actual alcaldesa, María Carmen González

María del Carmen González, cabeza de lista do PP en Carballeda./ Cedida.

 

“Carballeda de Valdeorras, Entre Todos”. É o lema a candidatura do PP en Carballeda de Valdeorras, que encabeza a actual alcaldesa, María del Carmen González Quintela, afronta a campaña das eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. Unha candidatura que se marca dez proxectos principais para seguir “construíndo o futuro de Carballeda”.

Entre esas apostas a número un da candidatura do PP resalta a de continuar “traballando e apostando polo medio rural. Renovouse o servizo de iluminación pública en todos os núcleos e continuaremos coas melloras dos accesos, vías interiores, prazas e outros servizos básicos (rede de abastecemento, de saneamento e depuración) no conxunto do municipio”.

Así mesmo, María del Carmen González incide en que se seguirá mellorando “as boas instalacións recreativas e deportivas das que dispoñemos: renováronse parques públicos infantís, con dotación de espazos e instalacións destinadas ao exercicio deportivo”. Tamén apunta que se logrou ” o obxectivo de reparación e mellora da Ponte de Sobradelo, xunto coa mellora do Camiño de Inverno ao seu paso polo municipio, con actuacións nas instalacións municipais lindeiras á ruta xacobea (acondicionamento de accesos ao cemiterio). Seguiremos traballando e colaborando na recuperación e mellora do noso patrimonio cultural”. Adianta así mesmo que o seu proxecto pasa por continuar recuperando os espazos naturais do concello, “coidando as marxes do río Sil, con melloras realizadas no Malecón, e limpeza de camiños”.

No eido dos servizos sociais, a candidata do PP resalta a importancia de seguir a mellorar “o Servizo de Axuda no Fogar, ademais de reforzar e xestionar a prestación do servizo de fisioterapia e outros complementarios”. E considera “prioritaria” a colaboración municipal para a “prestación dos servizos sanitarios e educativos. Despois de apostas como a mellora das instalacións do Punto de Atención á Infancia, seguiremos xestinando a prestación de actividades destinadas aos nenos durante as vacacións escolares”.

Outro dos ámbitos nos que se porá o foco é o do turismo. “Dotaremos de novas instalacións para a promoción do turismo: construiremos un albergue turístico no Camiño de Inverno, ademias de apoiar e impulsar o nacemento e desenvolvemento do turismo industrial”. Ademais, en materia económica, María Carmen González cita a colaboración municipal no desenvolvemento económico e industrial de Carballeda”.

A cabeza de lista do PP sinala tamén que se está avanzando na tramitación “xa iniciada, para dotar ao río Sil dunha nova ponte en Sobradelo” e que se vai a continuar “potenciando todas as iniciativas sociais. E todo sen subir os impostos municipais, que son dos máis baixos da comarca”.

 

CANDIDATURA DO PP EN CARBALLEDA DE VALDEORRAS

 

Artigos relacionados

Back to top button