A edición de novembro en papel do Periódico O SIL xa pode atoparse nos quioscos dende a semana pasada. Nela abórdase de maneira ampla a través de diversas reportaxes e entrevistas a situación actual, perspectivas de futuro e retos do sector da lousa, cuxo centro mundial está na actualidade na comarca de Valdeorras. Son unhas 30 páxinas de información sobre este sector, motor económico valdeorrés, pero tamén provincial e galego.
Así mesmo, esta edición tamén inclúe información sobre outros sectores económicos, como o comercio ou da castaña, sen esquecer información dos diferentes concellos, así como citas festivas e gastronómicas como Xantar, culturais, etc.