CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O segundo concerto de fin de curso do Conservatorio e da Escola de Música do Barco, en imaxes

Actuaban o grupo moderno e o grupo folk deste centro de ensinanzas musicais

 

Cunha serie de actuacións sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo remataba o curso o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música do Barco. O primeiro deles, tiña lugar o 21 de xuño ás 20h. coas interpretacións do coro, os grupos de vento e metal ou o de corda.

Ao día seguinte, 22 de xuño completábase o programa coas actuacións do grupo de música moderna, que tocaba: “Faraway” (Apocalyptica), “Your Song” (Elton John), “Everybody Hurts” (The Corrs), “The Winner takes it all” (ABBA), “No sé cómo amarle” (A. J. Weber), “Beggin” (Maneskin) e “California Dreaming” (The Mamas and the Papas).

 

 

Tamén actuaba neste segundo concerto o grupo folk que facía soar as seguintes pezas: “Tanto que lembrar, tanto que vivir” (Ernesto Campos), “Matsum” (Mauro Docampo), “Sinfonía 94,  2º Mov” (Hayd), “Impresións xeadas” (Ana Belén López Villar), “Ai que soliña quedache!” (do ballet folk “María soliña”, con arranxos de Ernesto Campos.

 

 

Ademais neta peza recitouse o poema de Florencio Manuel Delgado Gurriarán do poemario “O soño do guieiro” que o a corgomés dedicou a Celso Emilio Ferreiro, autor do poema María Soliña.

O repertorio incluía tamén a “Polca de Vilagarcía” (Os Campaneiros), a “Balada Galega (con recitado do poema “Negra sombra”) de Juan Montes/Rosalía de Castro e “Gigas” tradicionais irlandesas.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button