SanidadeÚltima hora

O Sergas activa a alerta ante posibles casos de hepatite aguda en nenos

Tamén matiza que no caso de Galicia non se ten detectado ningún caso

O conselleiro de Sanidade, Julio García, durante unha comparecencia.

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, afirmou esta mañá que o Sergas está alerta, logo de que o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias, dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade, informara onte as comunidades autónomas da detección de varios casos de hepatite aguda, de orixe desconocido, en rapaces menores de 10 anos.

Por este motivo, dende o Ministerio realizouse unha comunicación á todas as comunidades para realizar unha “observación e procura activa” de posibles casos.

Julio García Comesaña, informou que todos os profesionais de atención primaria, urxencias hospitalarias e extra hospitalarias (PAC) e os servizos de pediatría dos hospitais permanecen vixiantes, aínda que en Galicia non se ten detectado ningún caso.

O conselleiro de Sanidade está en contacto coa ministra Carolina Darias, coa que falou onte mesmo e asegurou que a sanidade galega está preparada ante a posible detección dalgún caso desta hepatite aguda de orixe descoñecido.

Artigos relacionados

Back to top button