O SilFest Valdeorras posponse a 2021. Así o anunciaba a organización esta mañá. Sen embargo, xa hai datas para o vindeiro ano: 22, 23 y 24 de xullo.

“Tentamos aprazar a cita multicultural, buscando unha nova data no calendario de eventos deste verán; con todo, e despois de estudar todas as opcións, decidimos aprazar o festival a 2021”, explican dende a organización.
En canto ás entradas, poderase solicitar a súa devolución e reembolso nos próximos días. Ademais, tamén se poderá conservar para o vindeiro ano.