ConcellosEleccións municipais 2023Última horaVerín

O socialista Gerardo Seoane afronta o seu terceiro mandato como rexedor de Verín

 

No salón de plenos do Concello de Verín desenvolvíase a sesión de constitución da nova Corporación saída das urnas tras o 28M. A mesa do pleno de investidura foi presidida por Cándida Couñago, a concelleira de maior idade, quen fixo o chamamento para a toma de posesión e xuramento dos 17 concelleiros electos que conforman a nova Corporación municipal: 8 do PSdeG-PSOE, 5 do BNG e 4 do PP.

 

 

Finalmente, Gerardo Seoane Fidalgo, candidato socialista, foi proclamado alcalde tras recibir a maioría absoluta de votos da Corporación, 13 por parte dos concelleiros dos grupos políticos do partido socialista e do Bloque Nacionalista Galego. Deste xeito ambas formacións manteñen, por terceira lexislatura consecutiva, un pacto de goberno municipal.

 

Artigos relacionados

Back to top button