En portadaÚltima horaVídeos

‘Ó Son da Estación’ pon o broche ao verán cultural na Rúa

 

Na noite do sábado 31 de agosto pechando agosto, A Rúa poñía o broche a unha intensa programación cultural co terceiro festival do ciclo BeiraRúa promovido por Turismo de Galicia.

‘Ó Son da Estación’ achegaba ao centro da vila unha proposta musical para todos os públicos con Magín Blanco e a Banda das Apertas, Abertal, Señora Dj, The Rapants e Grande Amore. Un festival algo deslucido pola tormenta que descargaba con forza na vila, á que asistía o propio director da Axencia, o rues Xosé Manuel Merelles, que recibía mostras de cariño e agradecemento por parte das agrupacións participantes e tamén do público.

 

Artigos relacionados

Back to top button