Esta mañá a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, recibía a visita do subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos. Neste encontro Santos poñía en valor os recentes investimentos que o goberno español vén de realizar neste municipio valdeorrés, destacando ademais que “é importante falar deles cando xa son realidades, como sucede neste caso”.
En primeiro lugar, Santos comentaba que o “Goberno de España, a través do IDAE, vén de investir no Concello de Petín en torno a 146.000 euros, unha subvención que conseguiu a alcaldesa deste municipio enviando a súa solicitude con rigor. Logrouse que 160 luminarias pasen a ser LED, o que supón un 60% de aforro enerxético para o Concello, e ademais contribúese con isto a loitar contra os problemas dos retos demográfico, estas novas luminarias están en execución e rematarán nun prazo máximo de entorno a 10 días”.
Por outra banda, continuaba subdelegado, “o goberno de España vén de rematar recentemente as obras do segundo tramo do Malecón de Petín, aportando 800.000 euros do goberno de España e cunha aportado do 20% restante do Concello de Petín. Con isto conseguíronse uns 800 m de ampliación dese paseo para desfrute de todos os veciños e tamén como un recurso turístico máis, que todo Valdeorras debe valorar”. Santos expresaba tamén o seu desexo de que “outras administracións acompañaran nestes esforzos inversores”.
Pola súa banda, a alcadesa de Petín, Raquel Bautista, apuntaba se trata de investimentos moi importantes “porque ao final os concellos non dispoñemos de tanto diñeiro e é verdade que necesitamos que as administracións se involucren un pouco máis para levar adiante todas as obras. Se ben é certo que che dan o 80% e o Concello ten que pagar o 20%, ás veces facer isto é un pouco complicado, entón se as administracións colaboran un pouquiño máis, pois mellor”.
Fotos: O SIL.
