CulturaCulturaÚltima hora

O Teatro Lauro do Barco presenta a súa programación para o primeiro semestre do ano

 

Vén de darse a coñecer a programación do Teatro Lauro Olmo do Barco para o primeiro semestre deste ano. Do 28 de xaneiro ao 27 de maio o público poderá ver unha variada oferta de actividades, con homenaxes a catro destacadas figuras das letras que este ano teñen protagonismo por diferentes cuestións: Florencio Delgado Gurriarán, Lauro Olmo, Elena Quiroga da Barca e Jesús Díaz Ferrer.

Para iniciar a programación, este venres, ás 21,00 horas, “Incendiaria e A Quinta do Cuadrante” presentan a obra “A lúa vai encuberta”, de Manuel María. Dirixida por Tito Asorey e interpretada por Davide González, Tito Asorey, Vanesa Sotelo e Melania Cruz, “A lúa vai encuberta” é a obra gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatráis.

“Trátase dunha peza arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontando o pasado recente a as súas contradicións. Na representación desvelase un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, moitas veces silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan”, segundo informan dende a Concellería de Cultura do Barco.

O resto da programación pode consultarse aquí:

Artigos relacionados

Back to top button