Cun contundente 4-1 se resolvía o partido de fútbol sala disputado na tarde do domingo 25 de febreiro no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco entre o Pizarras Tres Cuñados e o Leis Pontevedra.
Nun día e hora pouco habitual (normalmente xogan os sábados ás 18h.) o partido comezaba xa de cara para os locais, aínda que había que esperar ata o minuto 14 para que Jose anotara o primeiro gol da tarde. O segundo chegaba segundos despois nunha contra e da man de Ivi. No 22 marcaban os pontevedreses, pero os de Felipe Álvarez non deron opción co terceiro gol no minuto 33 de Moha e o cuarto no 37′ de Cota.
Con este resultado os valdeorreses suman tres puntos pero mantéñense no fondo da clasificación (penúltimo posto). O seguinte partido será no Pavillón de Sequelo contra Galefen Marín Futsal.
Fotos: Carlos G. Hervella