O domingo 1 de decembro o Tres Cuñados FS xogará un dos partidos máis importantes da tempada. Na xornada 12 da competición recibirán en casa a visita do líder da Preferente Galicia Sur, As Neves FS, que chega ao Barco de Valdeorras tras 8 vitorias consecutivas.
Os valdeorreses van segundos tras unha excelente progresión e con 6 vitorias seguidas polo que pelexarán pola sétima e polo asalto ao liderato, para o que esperan contar co apoio da afección.
A cita será ás 19 horas no pavillón municipal de Calabagueiros.