Unha vez máis o padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez, que hai apenas un mes competía no europeo sénior de maratón, vén de demostrar a súa calidade deportiva. Nesta fin de semana participaba en Trasona (Asturias) no Campionato de España de Maratón Curto e na Copa España de Maratón, citas que eran ademais selectivo para o mundial de maratón que se celebrará na primeira semana de setembro en Vejen-Koldin (Dinamarca).
Adrián Prada (Club Piragüismo Rías Baixas) competía na a categoría sénior masculina, a de maior número de participantes, con 33 deportistas rexistrados, para buscar aos mellores do país nesta distancia. A primeira das citas era o Campionato de España de Maratón corto, disputado o venres 11 de agosto, con dúas prazas en xogo para o mundial. Neste campionato Adrián Prada clasificábase na sétima posición.
Xa o sábado 12 de agosto tiña lugar a Copa de España de Maratón longo en K-1, cunha soa praza en xogo para o mundial. Na proba impoñíase o arxentino Daniel Salinas, mentres que o padexeiro valdeorrés lograba a prata cun rexistro de 01:56:06,42), e polo tanto quedaba clasificado para o mundial, mentres que o seu compañeiro de club Joaquín Iglesias quedaba terceiro.
Finalmente, neste domingo era a quenda da competición dos K-2 sénior, tamén Copa de España de maratón e selectivo para o mundial con dúas prazas en xogo, Adrián Prada e Joaquín Iglesias ganaban a medalla de bronce, cun rexistro de 1:50:46,59. Non conseguían a praza no mundial nesta distancia, pero si volvían subirse ao podio nesta competición de gran nivel.
Ademais Joaquín Iglesias tamén ten asegurada a súa praza no mundial en K-1 Sub23 pola medalla lograda no europeo de maratón.
Fotos cedidas.