
Nun quinto posto sénior finalizaba o atleta valdeorrés Alejo Ares o Campionato galego de cross que se celebraba neste mediodía no circuíto da Veronza en Ribadavia. O corredor do Club Adas do Barco completaba o traxecto da proba, duns 9 kms, cunha marca de 29:11.
Co título galego masculino absoluto nesta proba facíase Antonio Serrat Seoane, do R.C. Celta, cun tempo de 28:18. O subcampionato galego lográbao Estaban Iglesia (Lucus Caixa Rural Galega) e o terceiro posto Manuel Hurtado da S. Ximnástica.

Na proba absoluta feminina, a atleta do Adas María Cedrón lograba subirse ao podio galego, ao quedar terceira cun rexistro de 35:27. A vencedora da carreira era Ester Navarrete (FC Barcelona), sendo segunda Laura Santos (Lucus Caixa Rural Galega).
