PolíticaÚltima hora

O valdeorrés Eladio Santos, número 4 por Ourense na proposta de candidatura socialista ás eleccións galegas

Esta lista, aprobada pola executiva provincial,deberá ser ratificada mañá pola comisión nacional de listas e o comité nacional do PSdeG, para posteriormente ser aprobada pola comisión federal de listas do PSOE

Eladio Santos./ Foto: A.R.

 

A executiva provincial do PSdeG-PSOE de Ourense vén de aprobar por unanimidade a proposta de candidatura para o proceso electoral autonómico que se celebrará o vindeiro 18 de febreiro, tal e como se vén de informar dende esta formación política, que mantiña esta tarde unha comisión executiva extraordinaria esta tarde en Ourense. Nela procedíase á elaboración da lista de candidatos e candidatas ás eleccións autonómicas que decidirán a composición do Parlamento de Galicia. Desa candidatura forma parte o valdeorrés Eladio Santos, que foi concelleiro no mandato 2019-2023, que vai no posto número catro.

A Executiva Provincial dos socialistas ourensáns reuniuse hoxe tras recibir as propostas formuladas polas diferentes agrupacións locais da provincia, que celebraron asembleas durante a pasada semana. “O PSdeG-PSOE de Ourense escoitou as propostas chegadas dende as asembleas e agrupacións provinciais, segundo marcan os nosos estatutos, apostando pola democracia interna e o diálogo a hora de decidir cales serán os nosos e as nosas representantes na lista para o Parlamento de Galicia”, asegura o partido.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense destacan que este proceso “desenvolveuse con total normalidade e conforme as normas marcadas nos estatutos”. O obxectivo dos socialistas é conformar “a mellor lista posible co fin de elaborar unha candidatura sólida, forte e gañadora e que conte co maior apoio posible por parte da militancia e da cidadanía”. A candidatura foi confeccionada segundo os resultados obtidos nas diferentes asembleas.

 

 

“A candidatura socialista de Ourense será vital para axudar a rematar con 14 anos de goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia, que supuxeron unha discriminación continuada para a nosa provincia, cunha falta total de investimentos en diferentes áreas e recortes e desmantelamento de servizos claves para a cidadanía”, afirman dende a executiva provincial. Os socialistas destacan que Ourense “precisa dun goberno autonómico progresista que aposte por devolverlle a nosa provincia a dignidade e os investimentos que tanto precisa”.

Esta é a proposta de candidatura ao Parlamento de Galicia aprobada pola comisión executiva provincial do PSdeG-PSOE de Ourense na tarde de hoxe:

1. Marina Ortega Otero.
2. José Ignacio Gómez Pérez.
3. Noela Blanco Rodríguez.
4. Eladio Santos Martínez.
5. Carmen Rodríguez Dacosta.
6. Margarita Pérez Fernández.
7. Xurxo Doval Blanco.
8. Ainhoa Rodríguez Álvarez.
9. Manuel Rodríguez Vázquez.
10. Áurea Soto Vázquez.
11. Rubén Alfonso Armenteros Rodríguez.
12. Jesusa Rodríguez Castro.
13. Miguel Gómez García.
14. José Antonio Corral Álvarez.

Suplentes
1. Luís Gulín Iglesias.
2. María Ángeles García Casla.
3. José Manuel Rego López.
4. Lorena Guerra Viso.
5. Diego Alonso de Abel.

A lista aprobada no día de hoxe deberá ser ratificada mañá pola comisión nacional de listas e o comité nacional do PSdeG, para posteriormente ser aprobada pola comisión federal de listas do PSOE. Unha vez resolto o trámite, as candidaturas deberán ser presentadas antes do 15 de xaneiro diante da Xunta Electoral Provincial.

Artigos relacionados

Back to top button