EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O valdeorrés Pablo Estévez, mellor enólogo de viños xoves de España

A D.O. Ribeiro colleita un total de 39 medallas en viños do 2023 neste concurso

O enólogo Pablo Estévez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A D.O. Ribeiro continúa colleitando galardóns que premian a calidade dos seus viños. Nesta ocasión, o concurso Premios Baco outorgaba un total de 39 medallas aos viños da última colleita, a 2023, da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.

Os viños brancos Canción de Elisa, Eduardo Peña e Tear dúas Dodi recibiron o galardón Gran Baco de Ouro (referencias que superen os 93 puntos). Ademais, outorgáronlle o Baco de Ouro (puntuación superior a 89 puntos e inferior a 93 puntos) ás referencias vinícolas: A Telleira Godello, A Telleira Parcelas, Casal de Armán, Casal do Canteiro, Castro do Coto Treixadura, Catro Ferrados, Catro Parroquias Treixadura, Cotarelo, Divino Rei, Gotas de Mar Godello, Gotas de Mar Godello fermentado en barrica, Gran Leiriña, Máis de Cunqueiro Godello, Manuel Rojo, Pazo Tizón, Ramón do Casar Nobre, Ramón do Casar Treixadura, Sameirás, Sameirás 1040, Torre do Olivar Expresión, Viña Costeira e Viña Reboreda.

Os galardóns de Baco de Prata (marcas que superen os 85 puntos e non alcancen os 89 puntos) recaeron nos viños Adeus Treixadura, Casal de Barca Selección, Castro do Coto Godello, Colección 68, Cunqueiro Tercer Milenium, Finca Viñoa, Gran Alanís Castes Blancas, Juan Míguez Godello, Máis de Cunqueiro Torrontés, Mónica Albor Treixadura, Mónica Albor – Treixadura/Godello, Ramón do Casar Varietal, Tear dos Dodi Tinto e Terra Minei.

 

 

Por último, hai que sinalar que o enólogo valdeorrés Pablo Estévez, con orixes en Rubiá e que centra principalmente o seu labor no Ribeiro, volveu a recibir o recoñecemento como mellor enólogo de viños novos de España, un premio que xa recolleu en varias ocasións.

A presidenta do C.R.D.O. Ribeiro, Concha Iglesias, quere enviar felicitacións para todas as adegas galardoadas neste concurso, e quere resaltar que “estes magníficos resultados, xunto cos que se foron obtendo ano a ano nos concursos nacionais e internacionais, referenda a alta calidade dos nosos viños e o bo facer dos nosos viticultores e adegas.”

Os galardóns Grandes Bacos de Ouro, Bacos de Ouro e Bacos de Prata son outorgados polos cincuenta xuíces, todos eles membros da Unión Española de Catadores, que avaliaron en estrita cata a cegas a totalidade de viños participantes. Medallas de indiscutible valor promocional para os mellores viños novos de España cuxa repercusión potenciará o organizador do concurso, a UEC.

Back to top button