En portadaGalerías de fotosSemana Santa

O Vía Crucis da Serra (A Veiga), o máis alto de Galicia

Numerosas persoas iniciaban este percorrido relixioso, no entorno de Trevinca, na tarde do 1 de abril

Dende hai xa quince anos é unha cita de referencia na Semana Santa do oriente ourensán. Ás tres da tarde do Mércores Santo comezaba, unha edición máis, dende o Alto da Portela o Vía Crucis da Serra, cun percorrido de 14,2 km que conclúe á entrada do pobo de Lamalonga (A Veiga). Está formado por quince estacións en granito, obra do artista veigués Pepe de Barrio, xa falecido.

Este acto relixioso ten sido organizado pola Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento de Lamalonga “Pepe de Barrio”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button