CulturaCulturaÚltima hora

O vianés Jesús García presenta “Cuaderno de Viana” no Casino do Barco o 24 de febreiro

Jesús García, autor de “Cuadernos de Viana”./ Cedida.

 

Un total de 75 historias e lendas de diferentes etapas históricas da zona de Viana do Bolo e concellos próximos reúnense en “Cuaderno de Viana”, un libro que, tras varias décadas xestándose, publicábase o pasado ano contando co patrocinio da Deputación de Ourense e do Concello de Viana. O seu autor é o vianés Jesús García Martínez “Jesu”, que iniciaba este proxecto sendo un neno.

“Tras 60 anos de parón e esquecemento, retomei aquel proxecto. O seu título lembra o contido dun caderno no que comezou a anotar historias e lendas de Viana e as súas aldeas, que, aínda que se perdeu, conseguín lembrar para esta publicación. O libro é un traballo contundente e conta con 570 páxinas en cor e en branco e negro, 832 fotografías e ilustracións, 75 capítulos de diverso contido histórico, cultural, de personaxes e sucesos do século XIX e XX da comarca e con 546.436 caracteres e signos ortográficos. Contou cun equipo de 72 informantes vianeses que me facilitaron información e fotografías, moitas delas inéditas, que se expoñen por primeira vez”, explica Jesu, afincado en León, que ademais de ser un afeccionado á escritura tamén o é á música, formando parte de varios conxuntos musicais das décadas 60, 70 e 80, foi compañeiro de Los Iris, xunto aos barquenses Manuel e Antonio Fernández Cruz e Mauricio Carretero García en 1972.

 

 

Portada do libro.

 

Entre os colaboradores cos que contaba Jesús García para levar adiante este libro está Juan Antonio Pinza. “Colabora activamente en polo menos catro capítulos do libro coas súas precisións e, por outra banda, dediqueille un artigo falando da súa vida e da súa traxectoria como investigador e etnógrafo”, citando o autor de “Cuaderno de Viana”.

Este libro, que tivo unha primeira presentación o pasado mes de agosto na Casa da Cultura de Viana do Bolo, presentarase agora no Casino do Barco nun acto previsto para o vindeiro 24 de febreiro ás 20h.

 

Artigos relacionados

Back to top button