CulturaCulturaÚltima hora

O VII Festival Internacional de Curtas de Verín busca voluntarios

Publicidade
Imaxe de voluntarios co director do FIC, nunha edición anterior do festival./ Foto: FIC Verín.

 

O Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV, que celebrará a súa sétima edición a primeiros de setembro en Verín, contará novamente coa colaboración de voluntarios para a súa posta en marcha. Todos aqueles que desexen cooperar na realización do certame de curtas poden poñerse en contacto coa organización a través dos seus datos de contacto (teléfono, enderezo electrónico ou redes sociais).

Estudantes de xornalismo, publicidade, deseño gráfico, imaxe e son e outros vinculados ao marketing dixital ou á creación de contidos de redes sociais, entre outras disciplinas, son algúns dos perfis que a organización do FIC Vía XIV procura para que se sumen á experiencia de realizar o festival dende dentro.

“Dende a nosa primeira edición contribuímos a xerar canteira”, destaca o diretor do certame, Carlos Montero. “Moitas das persoas que participaron como voluntarios no festival en anos anteriores están hoxe plenamente incorporados ao mercado laboral e amósanse especialmente satisfeitos de ter colaborado connosco”, engade.

Posibilidade aberta a todas as persoas

Porén, a posibilidade de colaborar como voluntario ou voluntaria no FIC Vía XIV tamén está aberta a outras persoas en xeral, alén do estudantado. Todos aqueles que queiran colaborar na experiencia poden inscribirse e “terán a oportunidade de traballar directamente con profesionais do sector audiovisual e participar activamente e in situ na produción integral dun certame cinematográfico consolidado na axenda de ocio e lecer de Verín”, afirma Montero.

Máis información:

http://ficviaxiv.com/es/

Artigos relacionados

Back to top button