ConcellosLaroucoÚltima hora

O xacemento arqueolóxico do Castrillón (Larouco), a vista de paxaro

 

Continúa a intervención de Xeitura S. Coop. Gal no xacemento do Castrillón (Larouco). O seu labor puxo ao descuberto “un monumental sistema defensivo” neste castro, en palabras do arqueólogo Martiño X. Vázquez, “cunha única vía de acceso, unha secuencia de 4 foxos escavados na rocha (con ata 5 metros de anchura e conectados polo oeste) e cun foxo paralelo ao castro con máis de 200 metros de longo”.

Para amosar a singularidade e a monumentalidade deste xacemento Xeitura vén de publicar nas redes sociais un vídeo con imaxes aéreas do mesmo que pode verse neste enlace.

https://www.facebook.com/Xeitura/videos/863312301149308

Imaxes: Xeitura S. Coop. Gal.

Artigos relacionados

Back to top button