En portadaÚltima hora

O xantar da 62ª Festa do Pulpo do Carballiño, en imaxes

 

Carballiño réndese ao pulpo neste domingo 11 de agosto. Celébrase o día grande dun intenso programa para conmemorar a 62º Festa do Pulpo, un evento declarado de interese turístico internacional.

 

 

O parque municipal da vila acolle unha multitudinaria festa gastronómica, cunha participación que se achega ás mil persoas no recinto do xantar oficial (ás que habería que sumar ás persoas que tamén degustan este manxar noutros puntos do parque e da vila). Entre os participantes están o conselleiro de Economía, José González; o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; ou a presidenta do CRDO Ribeiro, Concha Iglesias, entre outras.

 

 

O programa da festa continuará pola tarde con música da man de diferentes grupos de música e danza tradicional, cunha actuación de Amigos do Acordeó Terras de Celanova (ás 20:30h.) na praza Maior e xa ás 23h. cun concerto de Óscar Ibáñez & Tribo.

Fotos: O SIL.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button