CulturaCulturaÚltima hora

O xornalista vianés Jesús Salgado publica “De Zara al cielo. Marta Ortega y el futuro de Inditex”

Con este libro o autor pecha a súa triloxía sobre Inditex

O xornalista vianés Jesús Salgado./ Cedida.

 

«Amancio Ortega logrou en vida o seu soño: ser o mellor, sen mirar á súa contorna». Con esta frase describe o xornalista vianés Jesús Salgado, un dos maiores especialistas no fundador de Zara, ao protagonista do libro De Zara al cielo. Marta Ortega y el futuro de Inditex, no que analiza as «entretelas» persoais, económicas e laborais do grupo empresarial.

 

 

Case vinte anos despois da publicación de De cero a Zara, do que se venderon máis de 25.000 exemplares, esta nova obra de Salgado profunda no pasado humilde de Amancio Ortega, despois de que o seu pai fose depurado por «vermello» durante a Guerra Civil, e avanza como se enfronta ao maior reto da súa vida tras abrazar o ceo do éxito empresarial: legar o seu inmenso patrimonio aos herdeiros sen que o prometedor futuro da empresa resíntase e todos queden satisfeitos.

O primeiro paso para destapar o proceso hereditario foi o nomeamento da súa filla Marta como presidenta, á que terá que guiar na súa travesía. Salgado tamén conta “quen son e canto recibirán os que gozarán da fortuna cosida por Amancio Ortega”.

Tras Amancio Ortega. De cero a Zara y Pablo Isla. En el corazón de Zara, escritos xunto a Xabier R. Blanco, Jesús Salgado, natural de Fradelo (Viana do Bolo), pecha esta triloxía sobre Inditex con De Zara al cielo, onde se inclúen as claves do presente (cantos empregados ten e canto cobran, canto e onde paga os impostos, ou cales son os seus Talóns de Aquiles), pero tamén as do futuro.

Artigos relacionados

Back to top button