CulturaCulturaÚltima hora

Obradoiro infantil de camisetas entroideiras o 28 de xullo, no Museo Galego do Entroido

 

O venres 28 de xullo ás 19:00, na sede do Museo Galego do Entroido, en Xinzo de Limia, terá lugar un obradoiro infantil de “camisetas entroideiras” de carácter gratuíto. Trátase dun obradoiro de estarcido, ou decoración mediante o uso de plantillas, dunha camiseta. Todos os motivos terán que ver co Entroido e coas personaxes que nel habitan.

“O obxectivo deste obradoiro é poder presentar e dar a coñecer as diferentes figuras do entroido galego e que os nenos e nenas que participen as leven impresas nunha camiseta como recordo de todo o aprendido”, indican dende o museo.

 

 

O número de prazas para o obradoiro son limitadas, para anotarse hai que enviar un correo á dirección do museo museogalegoentroido@gmail.com.

Ademais, os participantes deberán levar a súa propia camiseta, que se recomenda que sexa de cor clara e teña o ferro pasado.

Artigos relacionados

Back to top button