CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Obradoiro Montessori en Manzaneda

Unhas vinte persoas de diferentes puntos de Galicia asistían a esta actividade formativa organizada pola Casa Niño O Bicarelo e pola Asociación Cultural A Rebusca

 

A escola de Manzaneda acollía ao longo do día 25 de xaneiro o obradoiro “Como organizar un ambiente Montessori de 0 a 3 anos”, dirixido a familias e educadores. A xornada (cun horario de 10h. a 14h. e de 16h. a 20h.) resultaba un éxito e congregaba a unha vintena de persoas, moitas delas de Galiñas Azuis, de PAI e de Casas Niño, tanto do oriente ourensán como doutros puntos de Galicia.

Mercedes Urbiola (de Galicia Montessori) era a docente encargada de impartir este curso no que se aportaban as claves para preparar un ambiente de 0 a 3 anos de forma ordenada, estética, sinxela e real, de forma que ofreza aos nenos e nenas a posibilidade de realizar un traballo intelixente, elixido de forma autónoma, sen imposiciòns do adulto. Unha liberdade, pero con límites claros que lle permita aos cativos convivir en comunidade.  Ademais Urbiola presentaba o uso de materiais axeitados a esta idade divididos en áreas: vida práctica, linguaxe e sensorial.

 

 

“Tamén se abordaron os períodos sensibles das cativas/os, os períodos evolutivos, a mente absorbente, áreas e materiais, o papel do adulto, a necesidade de confiar plenamente no neno/a e a súa guía interna…”, tal e como sinalan dende a organización, en mans da Casa Niño O Bicarelo de Manzaneda e da Asociación Cultural A Rebusca. Ademais a boa acollida deste obradoiro plantexa o interese que existe en Galicia por “un cambio no paradigma educativo”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button