En portadaÚltima hora

Obradoiro para a mellora da produtividade das persoas emprendedoras, en Viloira (O Barco)

A xornada terá lugar neste venres 26 de abril e esta organizada polo Polo de Emprendemento e apoio ao Emprego do Barco

O consultor Iago Fraga impartirá esta xornada./ Cedida.

 

O Salón de actos Casa Grande de Viloira (O Barco) acollerá ao longo da mañá deste 26 de abril un obradoiro para a mellora da produtividade das persoas emprendedoras. Será impartido por Iago Fraga, consultor valdeorrés experto en produtividade empresarial.

A xornada ten como finalidade ofrecer un obradoiro interactivo no que as persoas participantes poidan mellorar a súa propia capacidade de producir resultados. O obradoiro divídese nunha parte inicial teórica na que se pretende descubrir un novo marco para producir resultados na empresa (porque hai horas de maior e menor produtividade); e nunha parte prácticapara aplicar os primeiros conceptos co seu propio negocio ou como persoa que desexa ser produtiva.

O programa será o seguinte:

11:30-11:35 h. Recepción das persoas asistentes e benvida. 11:35-11:45 h. Presentación da Rede de polos. 11:45-13:15 h. Desenvolvemento do obradoiro.

A sesión será impartida por Iago Fraga, consultor e experto en produtividade empresarial e organización. A súa características diferencial é ensinar “Produtividade Intelixente”, é dicir, “obter mellores resultados facendo menos (e non máis) traballando as técnicas e ferramentas necesarias.

13:15-13:30 h. Exposición das conclusións. 13:30 h. Petiscos, networking e peche da xornada.

Artigos relacionados

Back to top button