ConcellosO BarcoÚltima hora

Obras de remodelación nas rúas A Ribeira, Soto de Yáñez e Veguiña (O Barco)

 

Esta mañá comezaron as obras da primeira fase do proxecto de “pavimentación, saneamento, abastecemento e pluviais nas rúas A Ribeira, Soto de Yáñez e A Veiguiña”, que serán executadas pola empresa Acoval. Foron adxudicadas en algo máis de 175.000 euros, e contan cun prazo de execución de catro meses. Nesta primeira fase está previsto completar a remodelación da rúa Ribeira e parte de Soto de Yáñez, para continuar coa mellora integral destas rúas en sucesivas fases.

As actuacións consisten na mellora das infraestruturas e o pavimento, que precisaban a súa renovación, xa que a rede de abastecemento destas rúas no tramo obxecto do proxecto é de fibrocemento, e a rede de saneamento e pluviais é de formigón.

“Dada a súa antigüidade e materiais, teñen presentado numerosas roturas e avarías nos últimos anos, o que provocaba frecuentes cortes de subministración e filtracións ao terreo. Coas obras, que permitirán instalar conducións de materiais modernos, solucionaranse todos este problemas. Tamén se procederá á pavimentación e arranxo de beirarrúas”, segundo o Concello do Barco.

Fotos cedidas.

 

Back to top button