ConcellosO Barco

Oito persoas detidas na operación antidroga realizada pola Garda Civil no Barco

 

A operación antidroga que a Garda Civil realizaba no Barco de Valdeorras na mañá do mércores 15 de abril, daba como resultado a detención de oito persoas, tal como confirman dende a propia Garda Civil, se ben o caso permanece baixo segreto de sumario.

Lembramos o amplo operativo incluía numerosos axentes de diferentes grupos, algúns incluso co equipo canino, ademais dun helicóptero que sobrevoaba a baixa altura distintas zonas do casco urbano, centrándose  na rúa Ramón y Cajal.

 

Back to top button