ConcellosEntroido 2023O BarcoÚltima hora

Orixinal actividade de Entroido en Éntoma (O Barco)

 

As participantes nos talleres de “Fiando a memoria” que, organiza a Concellaría de Servizos Sociais do Barco, celebraban este Xoves de Comadres dun xeito especial, reavivando parte do seu Entroido tradicional, que leva case 35 anos sen celebrarse.

As mulleres que asisten aos talleres foron pouco a pouco tecendo a historia do seu Entroido tradicional, recuperando fotos e historias antigas. Neste senso, esta tarde trataron de recuperar as Furracas e os Zamarreiros, escenificando, contando e compartindo como actuaban.

Este Entroido adaptouse nalgún aspecto aos tempos actuais, con fariña “sen gluten, xa que se quere ter en conta as persoas que non poden gozar do Entroido por seren celíacas”, segundo informa o Concello. Así corríase a fariña e houbo unha chocolatada.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button