ConcellosO BarcoÚltima hora

Orixinal decoración de Samaín nunha casa barquense

 

Tirando de creatividade adornábase unha casa barquense con motivo do Samaín. A iniciativa xurdía a raíz dunha actividade escolar e servía para decorar a vivenda. Por suposto, non faltaba a tradicional cabaza, pero decorada de xeito diferente. A idea partía do neno da casa Alejandro, que mentres acompañaba a súa nai, Ariadna, ao supermercado vía uns olliños de chocolate e decidía poñerllos tamén á cabaza.

Olliños que realizaban con plastina e logo pintaban con rotulador e que colocaban na cabaza con fío metálico. Alejandro, coa axuda da súa nai, preparaba esta decoración que se completaba con outros elementos na porta da súa casa. O resultado era este.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button