
Seguen as boas novas para o deporte de base, nesta ocasión en Valdeorras. Tres nenos do Pizarras Tres Cuñados FS foron convocados pola selección ourensá de fútbol sala na categoría alevín: Matías Núñez Tato, Liher Matallana Prada e Izan Arias Peral.

Deberán estar o luns 18 de novembro no pavillón de As Triguerizas en Celanova ás 19:30 horas para poñerse ás ordes do seleccionador Pascual Codeso Seijjo.

Será o primeiro de moitos adestramentos preparatorios para o campionato galego alevín de seleccións comarcais.




