CulturaCulturaÚltima hora

“Os animais de Fraguas”, do texto inédito ao libro ilustrado

Esta obra vén de ser publicada pola Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego, co apoio da Xunta

 

Co apoio da Xunta de Galicia, a Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego vén de saír do prelo o libro “Os animais de Fraguas”, que recolle un texto do polígrafo cotobadés, ata o de agora inédito, sobre crenzas populares arredor dos animais.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da fundación e do museo, Xusto Beramendi, presenabana hoxe en San Domingos de Bonaval, nun acto no que tamén participaban Miguelanxo Prado, que ilustrou o libro, Kiko da Silva, encargado da dirección artística e Fuco Sangjiao, coordinador editorial.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade salientou “a figura de Fraguas e as súas importantes achegas ao coñecemento e á interpretación da mitoloxía popular galega por medio dunha excelsa e valiosa obra a prol da salvagarda e dinamización global da lingua e cultura galegas” e felicitou ao museo e á fundación “por seguiren traballando arreo no ronsel do noso cotobadés máis universal e por seguir impulsando o coñecemento social da súa figura e da súa obra”.

De texto inédito a libro ilustrado

O libro ilustrado “Os animais de Fraguas” recupera un texto inacabado e ata agora inédito de Antonio Fraguas sobre crenzas populares arredor de distintos animais, editado coa colaboración do filólogo Antón Santamaria e ilustrado por Miguelanxo Prado, baixo a dirección artística de Kiko da Silva e a coordinación editorial de Fuco Sanjiao.

 

 

Nel, as linguaxes visual e textual dialogan para compartir lendas, consellos, coplas populares e crenzas arredor de animais como as cobras, o lagarto, a sabandixa, o sapo, a toupeira, as arañas, o alacrán, a denociña, o lobo, o raposo, o can, a galiña, o galo, as pegas, o cuco, do paspalló, o pimpín, o chasco, as anduriñas, a lavandeira, a carriza, o crego marelo, o corvo, a rapiña, a curuxa ou os biosbardos; en suma, dos animais de don Antón Fraguas.

Artigos relacionados

Back to top button