ConcellosO BarcoÚltima hora

Os barquenses estarán 7 horas sen auga nesta noite por obras na rede xeral de abastecemento

Ademais, o día 5 de outubro, e máis en concreto nas primeiras horas tras a restitución do servizo, poden producirse arrastres na auga de abastecemento, polo que se aconsella a recollida previa da auga que se vaia necesitar

 

Hoxe mércores, día 4 de outubro, vaise proceder a un corte xeral de auga no servizo de abastecimiento domiciliario en todo o casco urbano do Barco, como consecuencia da execución dunha obra denominada “Instalación de contadores, modernización e mellora da rede de abastecemento municipal”.

O corte realizarase entre as 23h. da noite deste mércores 4 de outubro ata as 6 da mañá do xoves 5 de outubro. Advírtese aos usuarios de que, ademais, durante a xornada do día 5 de outubro, e máis en concreto nas primeiras horas tras a restitución do servizo, poden producirse arrastres na auga de abastecemento, polo que se aconsella a recollida previa da auga que se vaia necesitar.

Artigos relacionados

Back to top button