ConcellosPetínÚltima hora

Os ‘Bois de Mario Nogueira’ seguen fieis á cita coa Feira de 1812 en Petín

 

Un gran ambiente de festa se respiraba na xornada do sábado 17 de xuño en Petín, a primeira da X edición da Feira de 1812 que lembra a constitución de Cádiz e que durante esta fin de semana acolle no casco vello da localidade unha ampla e variada mostra de artesanía e gastronomía, facendo especial fincapé nos viños valdeorreses, que poden degustarse en diferentes casetas, ao máis puro estilo do século XIX.

 

 

A feira abria as portas trala inauguración da ‘Aira do Juanón’ e a partir de aí era numeroso o público que percorría as engalanadas e empedradas rúas da zona máis antiga de Petín, especialmente pola tarde, cando unha vez máis os ‘Bois de Mario Nogueira’ percorrían as rúas da vila chamando a atención dos asistentes.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/petin-inaugura-a-aira-do-juanon-no-marco-da-x-feira-de-1812/

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button