EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os catadores das “Distincións Gallaecia” valoran 48 viños da D.O. Monterrei

Definen os seus brancos como "intensos e complexos", mentres que dos tintos din que marcan "variedade e territorio”

Un dos momentos da cata n CRDO Monterrei./ Foto cedida.

 

Continúa o calendario de catas para as Distincións Gallaecia 2020. Neste luns 13 de xullo un equipo de 14 catadores desprazábanse ata a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei en Verín.

Este panel valoraba 48 viños desta denominación: 27 brancos e 21 tintos. Ao finalizar a cata, Natalia Cid, secretaria da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia, realizaba unha valoración dos vinos analizados, destacando que nos brancos “mantense a calidade dos últimos anos, cun nariz moi intenso e complexidade en boca, respectando a variedade”. Con relación aos tintos, sinalaba que os da “añada 2019 tamén son complexos, marcando variedade e territorio; e os de barrica están moi traballados”.

Esta cata serviu para evaluar os viños desta denominación de cara a realizar a ronda de clasificación da que resultarán os galardonaos coas Distinciones Gallaecia 2020, así como para elaborar a “Guía Luis Paadín de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2021”.

O panel de cata estaba formado polos seguintes catadores:

    • Alberto Tobes, director de experimentación da D.O. Ribera del Duero.
    • Alejandro Paadín, vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Galicia
    • Aurelio Vázquez, presidente de la Asociación de Sumilleres de Galicia
    • Javier Facal, sumiller grupo O Sampaio.
    • José Dopazo, panel de cata C.R.D.O. Rías Baixas.
    • José Miguel Mateos, Asociación de Sumilleres de Zamora.
    • Luis Paadín, director da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia”.
    • Manuel Corralero, sumiller Hotel Plaza ****.
    • Natalia Cid, sumiller Cantón 23.
    • Pablo Franco, director técnico da D.O.Ca. Rioja.
    • Pedro Sestayo, secretario xeral Asociación de Sumilleres de Galicia
    • Santiago Castro, director técnico da D.O. Toro.
    • Vania González, panel de cata C.R.D.O. Monterrei.
    • Begoña Gómez, panel de cata C.R.D.O. Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button