CulturaMúsicaÚltima hora

Cuchufellos abrirán a Rebusca de outono, en Manzaneda

O festival celebrarase o 21 e 22 de novembro no Toural, con ata sete grupos nacionais e internacionais
Os Cuchufellos de Manzaneda, en concerto./ Foto: Carlos G. Hervella.
Os Cuchufellos de Manzaneda, en concerto./ Foto: Carlos G. Hervella.

A vindeira fin de semana, 21 e 22 de novembro, Manzaneda acollerá unha nova edición da Rebusca de outono, que se celebrará no Toural (climatizado e con aforo para 1.000 perosas).

Malia que o programa pode incluír algunha actividade complementaria, esta VII edición do festival estará especialmente centrada na música, contando coa actuación de ata sete bandas de diferentes puntos de España e tamén Portugal.

As portas do festival abriranse en torno ás 21h. do venres 21 de novembro, pero non será ata ás 23h. cando os Cuchufellos de Manzaneda den o pistoletazo de saída a dous días de música en directo. Os granadinos Sonido Vegetal “a promesa do gypsy punk” tocará en torno á unha da madrugada, seguidos polos coruñeses Chotocoeu cuxa música resulta difícil de encadrar, dende ritmos balcánicos ata música electrónica, folk ou reggae. O dj Adri H completará o cartel a partires das 4:30h.

Ao día seguinte, sábado 22 de novembro, día de feira en Manzaneda, haberá postos de polbo e mercado, amenizando a xornada o pasarrúas a cargo da banda viguesa Zurrumalla, sete amantes da festa e a música tradicional que percorrerán o pobo animando a veciños e forasteriros.
Un novo pasarrúas pola tarde, a cargo dos portugueses Pás de Problème, cuxa música está “feita por delirios frenéticos, bailables e rápidos”, dará paso á segunda sesión de concertos do festival que comezará en torno ás nove da noite e contará coas actuacións dos galegos Zurrumalla e Terbutalina (garage punk), dos vascos Esne Beltza, e de novo dos portugueses Pás de Problème. A fin de festa correrá por conta de Brigada am Soundsystem.

Dende a Asociación Cultural A Rebusca, organizadora do festival musical, adiantan que as entradas mercaranse directamente en taquilla tendo dúas opcións: adquirila para un día por 5 euros; ou mercar o bono para os dous días que custará 8 euros.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button