ConcellosO BarcoÚltima hora

Os cultos na honra do Nazareno, no monográfico do Barco do Periódico O SIL

 

Aínda que non haberá festas en sentido estrito, O Barco renderá novamente culto ao Nazareno neste mes de setembro. Así manteranse as novenas e as misas do 14 de setembro, día grande da celebración. Pero, con cambios con respecto a outros anos para garantir as medidas sanitarias de seguridade.

Este programa relixioso, entre outro tipo de información relativa á programación cultural destas datas, así como reportaxes e entrevistas vinculadas á historia e tamén á actualidade do municipio poden atoparse no monográfico publicado a primeiros de setembro polo Periódico O SIL que xa pode atoparse en librerías e quioscos da vila.

 

Artigos relacionados

Back to top button