CulturaÚltima hora

Os humoristas Fede Pérez e Marcos Pereiro actúan este domingo en Allariz

Metidos no papel do dúo Os Tristes, participarán dentro da programación festiva deseñada pola empresa Primagas, para celebrar a súa chegada á vila
Os actores Fede Pérez e Marcos Pereiro actuarán na festa do domingo en Allariz.
Os actores Fede Pérez e Marcos Pereiro actuarán na festa do domingo en Allariz.

Allariz acollerá o vindeiro domingo 9 de outubro a Festa Primagas, un evento que busca celebrar a chegada desta empresa especializada en gas e que traerá tamén aos actores galegos Fede Pérez e Marcos Pereiro. Metidos na pel do dúo Os Tristes, amenizarán a xornada co seu espectáculo, que se complementará cunha degustación de polbo e filloas, música e actividades e xogos populares para nenos. Levarase a cabo no Campo da Feira da Barreira, entre as 11:30 e as 14:30 horas.

A festa deseñada por Primagas para os alaricanos tamén terá tintes solidarios. Así, a recadación obtida nos postos de comida irá destinada á Asociación Puzzle de Allariz, unha entidade que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade. O Concello de Allariz tamén colabora co evento.

Artigos relacionados

Back to top button