ConcellosÚltima hora

Os índices de criminalidade en Barbadás rexistran unha tendencia á baixa

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, co-presidiu unha reunión da Xunta Local de Seguridade na Casa do Concello xunto co alcalde da localidade, Xosé Carlos Valcárcel

O concello de Barbadás acolleu unha reunión da Xunta Local de Segurdade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel Doval e na que participaron os membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.

Nesta xuntanza, os diferentes representantes da Guardia Civil e da Policía Local deron conta dos informes en materia de seguridade cidadá e fixeron fincapé na importancia da colaboración entre ambos corpos.

A Xunta Local de Seguridade fixo unha comparativa de datos relativos á delincuencia da comarca durante o ano 2016 (Xaneiro-Outubro) e o mesmo período de 2015. Neste período remarcaron que houbo unha “pequena tendencia á baixa” na totalidade de infraccións penais. Por outra banda, mantéñense as cifras referidas ás faltas leves e ascenden as denuncias por infraccións administrativas e as infraccións penais sen delito contra a seguridade vial. No eido dos niveis de esclarecemento, a Xunta Local víu que son o 80% dos casos.

Tendo en conta todas esta cifras, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, icidiu no traballo de coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local como “unha das claves da significativa baixada dos rexistros de delitos cometidos neste concello que está vendo medrar de xeito considerable a súa poboación”.

Castro amosou a súa satisfacción polos resultados estatísticos en materia de actividade delictiva en todas as grandes vilas da provincia e significou o aumento da eficacia na resolución dos casos “o que demostra o gran traballo, nunca esquecido, que desenvolven as Forzas e Corpos de Seguridade a prol do benestar da cidadanía”.

Artigos relacionados

Back to top button