ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os premios da XXVII Feira Concurso-Exposición de Gando Vacún de Casro Caldelas

Premiábanse os sementais, vacas reprodutoras e novillas das razas Caldelá, Vianesa e Rubia Galega

 

Con gran expectación o público asistente á XXVII Feira Concurso-Exposición de Gando Vacún esperaba a entrega de premios aos mellores exemplares das 17 ganderías participantes nesta edición. Este acto, que contaba coa presenza de numerosas autoridades (entre elas alcaldes e concelleiros de municipios da comarca e doutras veciñas, así como o subdelegado do Goberno en Ourense e o xefe territorial de Medio Rural), comezaba coa raza caldelá, onde o primeiro premio en sementais correspondíalle á Gandería Pedrouzos; que tamén ganaba o primeiro e o segundo premio en vacas reprodutoras, sendo o terceiro para a Gandería Eloy Pérez. En novillas os premios de caldelá quedaban desertos.

No que se refire á raza vianesa, o primeiro premio en sementais era para a Gandería José Antonio González, o segundo para a Gandería de Lorena Pérez e o terceiro para a Gandería de Miguel Gómez. Na sección de vacas reprodutoras, Lorena Pérez facíase co primeiro premio, Miguel Gómez co segundo e a Gandería de Manuel Yáñez co terceiro. E no apartado de novillas, a Gandería de Lorena Pérez conseguía o primeiro, o segundo e o terceiro premio.

Finalmente, na raza Rubia Galega, na sección de sementais o primeiro premio correspondíalle á Gandería Manoliño, o segundo a Gandería O Clarete e o terceiro a Manoliño. No que se refire a vacas reprodutoras co primeiro premio facíase a Gandería Álvaro, co segundo a Gandería de Diego de M., co terceiro O Clarete, co cuarto Manoliño e co quinto Pedro de Vilapequena.

No referente a novillas Diego de Leboreiro ganaba o primeiro premio, Madanelo o segundo e O Clarete o terceiro. Deseguido entregábanse as primas por asistencia ao recinto feiral aos gandeiros.

A entrega remataba coa alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, agradecendo a participación dos gandeiros nesta nova edición desta feira concurso.

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button