ConcellosÚltima horaVídeos

Os primeiros voos do rabirrubio tizón (terceiro vídeo)

 

Aos 15 días de romper a casca do ovo, e tras ser alimentados de forma continua polos seus pais, as crías do rabirrubio tizón abandonan o niño. Pero os adultos seguen cebándoos uns días máis nas proximidades da localización deste niño. Nese tempo, comezan as súas primeiras prácticas de voo, primeiro de forma torpe, pero, pouco a pouco, collendo destreza e seguridade.

 

 

Despois, os poliños sairán a un mundo cheo de desafíos e de experiencias que afrontarán por primeira vez, iniciando un novo ciclo no que tamén, na primavera, eles acabarán convertíndose en pais, facendo un niño e criando ás súas propias crías.

Con este terceiro e derradeiro vídeo remata o seguimento do Periódico O Sil a este fermoso proceso da natureza, que, como moitos outros, acontece moi preto das nosas casas cada primavera, sen que apenas nos decatemos e sen que o coñezamos.

 

 

Estas imaxes foron tomadas respectando en todo momento o decálogo ético da Asociación Española de Fotógrafos da Natureza (AEFONA).

Máis información e vídeos:
https://osil.info/rabirrubio-tizon-unha-historia-que-vai-dende-os-ovos-aos-primeiros-voos/
https://osil.info/o-rabirrubio-tizon-alimentando-as-crias-segundo-video/

Artigos relacionados

Back to top button