Unha vez que as súas crías rompen a casca, o rabirrubio tizón macho e a súa femia inician un constante ir e vir ao niño co fin de alimentar aos seus poliños. Lévanlles larvas, insectos e outros invertebrados, ao principio minúsculos, pero a medida que as crías van medrando ás veces sorprenden con algúns de gran tamaño.
Tamén sorprende a cantidade de veces que o macho e a femia acuden ao niño con alimento, é unha sucesión case continua, momentos nos que ademais aproveitan para limpar o niño dos excrementos de cada unha das crías, xusto no intre no que os expulsan. E todo isto con gran rapidez.

Cada un deses momentos poden verse no segundo vídeo que adicamos ao ciclo de cría deste paxaro e que terá continuidade, en breve, cun novo.
Estas imaxes foron tomadas respectando en todo momento o decálogo ético da Asociación Española de Fotógrafos da Natureza (AEFONA).
Máis información e imaxes:
https://osil.info/rabirrubio-tizon-unha-historia-que-vai-dende-os-ovos-aos-primeiros-voos/