Os Reis Magos chegarán á estación de autobuses do Barco ás cinco desta tarde
5 de Xaneiro de 2019
Dende aí iniciarán un percorrido pola vila que rematará na praza do Concello, onde serán recibidos polo alcaldeImaxe da cabalgata do pasado ano 2018, saíndo da estación de autobuses./ Foto: A.R.
É, de seguro, un dos momentos máis esperados do Nadal para os máis pequenos. Un ano máis os cativos, acompañados polos seus familiares, encherán as rúas do Barco para recibir ás súas Maxestades de Oriente. A chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar está prevista para ás cinco da tarde na estación de autobuses da vila.
Aí, os Reis Magos, acompañados polos seus paxes, subíranse as súas carrozas e percorrerán a vila nunha longa cabalgata que concluirá na praza do Concello, onde serán recibidos polo alcalde e acostuman despois dirixirlle unhas palabras aos rapaces. Ademais tamén haberá algunha que outra sorpresa.
Dende esta mañá xa comezaban os preparativos desta cabalgata, por parte da Policía Local nas rúas da vila.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.